Extensión de Chrome das ferramentas de entrada de texto de Google
A extensión de Chrome das ferramentas de entrada de Google permite aos usuarios utilizar as ferramentas de entrada de texto en calquera páxina web de Chrome. Para usar a extensión de Chrome das ferramentas de entrada de texto, sigue os pasos que se indican a continuación:
- Instala as ferramentas de entrada de texto de Google.
- Fai clic na icona da extensión
e selecciona “Opcións da extensión”
- Na páxina “Opcións da extensión”, selecciona a ferramenta de entrada de texto que desexes de esquerda a dereita.
- Fai dobre clic na esquerda para engadir unha ferramenta de entrada de texto. Fai dobre clic na dereita para eliminar unha selección.
- Fai clic nunha ferramenta de entrada de texto da dereita e nas iconas
e
para ordenar as ferramentas de entrada
seleccionadas.
Para usar unha ferramenta de entrada de texto, fai clic na icona da extensión. No menú
despregable que aparece, selecciona a ferramenta de entrada de texto que desexes. Cando
unha ferramenta de entrada de texto está activada, o botón da extensión pasa a mostrarse
en cor, por exemplo,
. Cando unha ferramenta de
entrada de texto está desactivada, o botón aparece atenuado
. Ao facer clic en “Desactivar”,
desactivarase unha ferramenta de entrada de texto. Así mesmo, podes facer clic nas
ferramentas de entrada de texto seleccionadas para activalas ou desactivalas.
En canto actives unha ferramenta de entrada de texto, abre unha páxina web, move o cursor
á caixa de entrada e comeza a escribir. Se isto non funciona, fai clic en
para actualizar a páxina web.
Artigos relacionados sobre como usar ferramentas de entrada de texto individuais:
Ferramentas
de entrada de texto