Teclado virtual
O teclado virtual ou o teclado “en pantalla” permíteche escribir directamente no teu idioma local de xeito sinxelo e coherente, independentemente do lugar no que te atopes ou do ordenador que esteas a utilizar. Usos comúns dos teclados virtuais:
- Permiten que os usuarios escriban no seu propio idioma en teclados de idiomas estranxeiros, por exemplo, cando viaxan ao estranxeiro ou viven noutro país.
- Permiten unha experiencia de escritura máis accesible ao permitir escribir mediante clics na pantalla.
- Ofrecen un modo rápido e sinxelo de alternar entre diferentes conxuntos de caracteres e/ou alfabetos.
O teclado virtual dispón de máis de 100 teclados para máis de 70 idiomas. Visualiza este vídeo tutorial para obter información acerca de como usar o teclado virtual. Tamén podes probalo en liña.
Para usar un teclado virtual, o primeiro paso é activar as ferramentas de entrada de texto. Sigue as instrucións para activar as ferramentas de entrada de texto en Busca, Gmail, Google Drive, Youtube, Translate, Chrome e SO Chrome.
Os teclados virtuais aparecen representados mediante a icona dun teclado
. Fai clic na icona para
activar/desactivar o editor de métodos de entrada de texto actual ou fai clic na frecha
situada ao seu carón para seleccionar outra ferramenta de entrada de texto. Cando se
activa un teclado virtual, o botón amósase de cor gris máis escura
.
Utiliza o teclado virtual escribindo no teu propio teclado como se se tratase do teclado virtual ou facendo clic nas teclas do teclado virtual directamente co rato.
Para minimizar o teclado en pantalla, fai clic na frecha que aparece na esquina superior dereita do teclado en pantalla.
Ferramentas
de entrada de texto