Gmail
Visualiza este vídeo para obter información rapidamente sobre como configurar as ferramentas de entrada de texto en Gmail.
Para habilitar as ferramentas de entrada de texto en Gmail, leva a cabo os seguintes pasos:
- Fai clic na icona da roda dentada
da parte superior dereita e, a
continuación, selecciona “Configuración”.
- Na pestana Xeral, selecciona a caixa de verificación que se atopa a carón de “Habilitar as ferramentas de entrada de texto” na sección “Idioma”.
- Na caixa de diálogo de configuración de “Ferramentas de entrada de texto” que
aparece, selecciona a ferramenta de entrada de texto que desexes do campo “Todas as
ferramentas de entrada de texto” e fai clic na frecha gris para que apareza no campo
“Ferramentas de entrada de texto seleccionadas”.
- Tamén podes facer dobre clic na ferramenta de entrada de texto para engadila ao campo “Ferramentas de entrada de texto seleccionadas”
- Podes volver ordenar as ferramentas de entrada de texto seleccionadas facendo clic nunha ferramenta e na frecha de dirección cara a arriba/abaixo
- Fai clic en Aceptar na caixa de diálogo de configuración.
- Fai clic en Gardar cambios na parte inferior da pestana Xeral
Unha vez habilitadas as ferramentas de entrada de texto, poderás ver unha icona das
ferramentas de entrada de texto á esquerda da icona da roda dentada, por exemplo
.
Nesta publicación de blog de Gmail, publicada en Google e en Enterprise Blogs, indícase como as ferramentas de entrada de texto facilitan a comunicación entre distintos idiomas en Gmail.
Artigos relacionados sobre como usar ferramentas de entrada de texto individuais:
Ferramentas
de entrada de texto