Configuración da conta de Google
Podes seleccionar ferramentas de entrada de texto ou editar a súa configuración na túa Configuración da conta de Google. A túa configuración aplicarase en todos os produtos de Google.
Para editar as ferramentas de entrada de texto na Configuración da conta de Google, sigue os pasos indicados a continuación:
- Vai a “Idioma” → “Ferramentas de entrada de texto” → “Editar”.
- Na caixa de diálogo “Configuración das ferramentas de entrada de texto” que aparece,
selecciona a ferramenta de entrada de texto que queres usar.
- As transliteracións e
os editores de
métodos de entrada de texto están representados mediante un carácter do idioma,
por exemplo,
para a
transliteración de marathi e
para o editor de métodos de
entrada de texto de pinyin do chinés.
- Os teclados
virtuais aparecen representados mediante unha icona dun teclado
.
- Os editores de
métodos de entrada de texto de escrita táctil aparecen representados mediante a
icona dun lapis
.
- As transliteracións e
os editores de
métodos de entrada de texto están representados mediante un carácter do idioma,
por exemplo,
- Edita a túa configuración e fai clic en “Gardar”.
Actualmente, están dispoñibles tres configuracións:
- Amosar/ocultar o teclado en pantalla.
- Amosar/ocultar barra de estado. Esta configuración aplicarase nos editores de métodos de entrada de texto de pinyin, wubi, cangjie, zhuyin e cantonés do chinés.
- Sincronizar/non sincronizar o dicionario do usuario. O teu dicionario de usuario almacena palabras que inseriches recentemente mediante as nosas ferramentas e axuda a mellorar a nosa precisión para futuras conversións. Cando habilites a sincronización, sincronizarás o dicionario en todos os produtos de Google (como Android, Gmail e Google Drive). Actualmente, o dicionario do usuario só se pode usar co editor de métodos de entrada de texto pinyin do chinés.
Ferramentas
de entrada de texto