Google Drive/Docs
Visualiza o seguinte vídeo para obter información rapidamente sobre como activar as ferramentas de entrada de texto en Google Drive/Docs.
Existen tres maneiras de habilitar as ferramentas de entrada de texto en Google Drive:
- Cambia a configuración de idioma do usuario ao idioma no que desexes escribir. Para facer isto, sigue estas instrucións.
- Cambia a configuración de idioma do documento ao idioma no que desexes escribir. Para facer isto, crea un documento novo ou abre un documento existente. Vai a Ficheiro → Idioma e, a continuación, selecciona o idioma que queres usar.
- Habilita as ferramentas de entrada de texto en Gmail.
Unha vez habilitadas as ferramentas de entrada de texto, verás unha icona no lado dereito (ou no lado esquerdo nas páxinas de escritura de dereita a esquerda) da barra de ferramentas.
Artigos relacionados sobre como usar ferramentas de entrada de texto individuais:
- Como utilizar a transliteración
- Como usar o método de entrada de texto (IME)
- Como usar o teclado virtual
- Como usar a escrita táctil
Publicacións de blog de Google relacionadas:
Ferramentas
de entrada de texto