Escrita táctil
A entrada de texto mediante a escrita táctil permite escribir palabras directamente co rato ou o panel táctil. Esta función admite máis de 50 idiomas.
Para utilizar a entrada de texto de escrita táctil, o primeiro paso é activar as ferramentas de entrada de texto. Sigue as instrucións para activar as ferramentas de entrada de texto en Busca, Gmail, Google Drive, Youtube, Translate, Chrome e Chrome OS. Ten en conta que é posible que a entrada de texto de escrita táctil dalgúns idiomas non estea dispoñible nalgúns dos produtos anteriores.
Mira este tutorial para obter información acerca de como usar a entrada de texto de escritura táctil na extensión de Chrome das ferramentas de entrada de texto de Google.
A entrada de texto mediante escrita táctil represéntase mediante un lapis
. Cando utilices a
entrada de texto mediante escrita táctil, move o panel táctil ou o rato ao panel de
escrita táctil. Continúa premendo o panel táctil/rato para debuxar caracteres. A
continuación, amosaranse os caracteres correspondentes á túa escrita táctil. Fai clic no
carácter para seleccionar unha suxestión ou preme a tecla INTRO ou
ESPAZO para seleccionar a primeira suxestión.
Ferramentas
de entrada de texto