Transliteración

A transliteración admite máis de 20 idiomas. Visualiza o seguinte vídeo para obter información acerca do que é a transliteración e sobre como usala. Así mesmo, tamén podes probala en liña.

A transliteración fai referencia ao método de traspado dun sistema de escritura a outro en función das similitudes fonéticas. Con esta ferramenta, podes escribir letras latinas (por exemplo, a, b, c, etc.), que se convertirán en caracteres cunha pronuncia similar no idioma de destino. Por exemplo, na transliteración do hindi, podes escribir "namaste" para obter "नमस्ते", que soa como "namaste". É posible que se mostre unha lista de transliteracións posibles para que as selecciones. Ten en conta que “transliteración” non é o mesmo que a “tradución”; a conversión baséase na pronuncia, non no significado.

A transliteración admite o traspaso fonético parcial. Só tes que escribir a pronuncia aproximada en letras latinas e a transliteración efectuará unha correspondencia coas mellores suxestións. Por exemplo, "namaste" e "nemaste" converteranse en "नमस्ते" como posible suxestión.

Para usar a transliteración, o primeiro paso é activar as ferramentas de entrada de texto. Sigue as instrucións para activar as ferramentas de entrada de texto en Busca, Gmail, Google Drive, Youtube, Translate, Chrome e SO Chrome.

A transliteración represéntase mediante un carácter do idioma, por exemplo, . Fai clic na icona para activar/desactivar a transliteración actual ou fai clic na frecha situada ao seu carón para seleccionar outra ferramenta de entrada de texto. Cando se activa a transliteración, o botón móstrase de cor gris máis escura .

Cando esteas a utilizar unha transliteración, escribe a palabra foneticamente en caracteres latinos. A medida que vaias escribindo, verás unha lista de suxestións de palabras que corresponden co significado fonético. Podes escoller unha palabra da lista levando a cabo calquera das seguintes accións:

  • Preme ESPAZO ou INTRO para seleccionar a primeira suxestión.
  • Fai clic nunha palabra.
  • Insere o número situado a carón da palabra.
  • Navega pola lista de suxestións dunha páxina mediante as teclas de frecha de dirección cara a ARRIBA/ABAIXO. Pasa páxinas coa axuda das teclas RePáx/AvPáx. Preme ESPAZO ou INTRO para seleccionar a palabra resaltada.